FEMEA DE BORDER COLLIE NEGRA E BRANCA NA «ZONA DOS PIÑEIROS DE OMBREIRO» ( Adai) – LUGO o dia 23/Outubro/2011, CASTRADA E CON MicroCHIP, RESPONDE AO NOME DE «UKA» GRATIFICARÁSE A QUENES A ATOPEN OU SAIBAN ALGUN DATO DE INTERESE !
A fin de semana do 24 e 25 de setembro Agility Compostela organiza unha proba da LIA.
Trátase da penúltima proba antes de rematar a liga. A falta de dúas probas, non hai nada aínda decidido polo que hai moita expectación entre os deportistas e teremos un final de liga moi emocionante. Aquí tedes a información da proba. A entrada é de balde para todos aqueles que estean interesados en pasar a tarde do sábado ou a mañá do domingo con nos.
Xa están publicadas as bases do campionato WAO (World Agility Open) do próximo ano. Terá lugar en Bélxica do 17 ao 20 de maio e neste enlace tedes toda a información sobre o WAO 2012.
O Team Manager de Spain WAO xa se puxo en contacto coa FGA (Federación Galega de Agility) para informar, e facilitar a participación, dos deportistas galegos que queiran participar, e que formarían parte da selección española composta de 20 deportistas cos seus respectivos cans.
Para poder optar a formar parte do equipo español teranse en conta os resultados obtidos con penalización menor de 5 puntos, nas probas da LIA desde o 1 de xuño de 2011 ata o 31 de xaneiro de 2012.