4Fran

Máis =>Información




Videos:
=> Cotogrande IFEVI . Vigo 26 e 27/03/ 20111: 1.- Agility e Jumping 2.- Agility
=> TerCans 12/03/20111: Jumping
=> Cotogrande IFEVI – Vigo 28/03/2010: 1.- Agility 2.- Jumping
=> Silleda 2010: Jumping
***** A miña web 5 estrelas => O museo do broder collie.
Copa UCA 2010:
Consellos dun Axiliteiro
1º.- O can nunca erra nin se trabuca. O guía é sempre o responsable dos fallos que comete o can. A ignorancia, impotencia ou incompetencia do guía non é culpa do can. O guía é o copiloto!
2º.- O adestramento tanto do can como do guía debe basearse sempre coa pedagoxía do reforzo positivo.
3º.- O can segue ao guía 1º coa vista, 2º co olfato e 3º coa voz. O obxectivo ideal dun guía é conseguir facer o percorrido coma se fora mudo, anticipándose e sinalando o percorrido con movementos e sinais, sen ter que falar ou berrar ao can. A voz só serve para producir unha descarga adicional de adrenalina e só debe empregarse como recurso para animar, acelerar a velocidade ou indicarlle previamente certos obstáculos. Nunca perdas o teu can de vista, e se o fas nun segundo que el non te perda a ti. Algunha técnica implica perder de vista ao can nun instante, neste caso o can debe dominar á perfección a técnica e os movementos precisos do guía. O can guiase polo movemento 1º ombros, 2º brazos e mans 3º pernas.
6º.- Posición na pista. O guía debe situarse no lugar adecuado para guiar o seu can. Ao superar un obstáculo o guía debe anticiparse e indicar cun sinal o seguinte obstáculo.
7º.- Timing ou Coordinación do exercicio. Controlar o ritmo e velocidade é directamente proporcional á posición ideal que o guía debe ter en cada instante. Un guía parado, pode conseguir maior velocidade e control en varios obstáculos.
8º.- Recortar nas vallas é arañar segundos. Un can que recorta moi ben unha valla pode gañar 2” a outro que non o fai. Hai cans moi potentes, isto é bo xa que a velocidade cando salta é a mesma que cando corre en obstáculos lineais, porén debemos saber frear e conseguir que saiba recortar a menor velocidade no caso dos cambios de sentido.
9º.- Planificar. Cando saímos a recoñecer a pista, temos uns minutos de ouro para 1º memorizar o percorrido, 2º resolver as dúbidas e trampas colocadas. Eliminar as dúbidas e decidir. O máis sinxelo é o máis difícil. Non hai percorridos fáciles e as aparencias enganan. Antes de saír á pista a competir, non mires o que fan os demais, reláxate co teu can e repasa virtualmente o percorrido, xa que na pista deberás automatizalo.
10º.- Sair á pista. 1º Seguridade e confianza en ti mesmo e no teu can 2º Concentración. Compite igual que Adestras e Adestra igual que Compites! Se estamos preocupados, nerviosos, dubidosos, inseguros etc., ou non o estamos, son sentimentos que o noso can percibe e lle van afectar. O can ten unha percepción sensorial excepcional. O can é o espello do guía na pista.
=========================================

- Eyering (ollo): o término refírese á maneira en que o can mira fixamente algo, co obxectivo de conseguir que se mova (esto é algo que ao Dux lle encanta practicar cando está deitado no recuncho da pista, ollando como os demáis cans compiten, ou os nenos xogan co balón). Ese algo pode ser un gato, unha escoba, ou simplemente sombras. Basicamente calquera cousa que se mova á altura do ollo do can, e isto inclúe os nenos pequenos. Calquera cousa que o can fixe a mirada e se mova, refórza o seu comportamento, o can cre que a moveu, o que ás veces pode levar a que o can sexa capaz de manterse mirando algo fixamente durante horas. Así o Dux cree que ele é o que fai correr aos demáis na pista de agility
- Persecución-caza: Que can pastor podería facer o seu traballo de maneira eficiente se non fose capaz de ter unha resposta rápida ao movemento do rebaño? Se pos ao can no seu contexto, canto máis rápido de reacción sexa, maior valor ten o can para o pastor. Pero nun contexto domestico, esta calidade non só non é apreciada polos donos senón que pode chegar a ser desesperante; especialmente cando os obxectos aos que quere dar caza, en ausencia doutros mais apropiados, son persoas, coches, bicicletas… Unha vez mais debes velo desde o punto de vista do can, como o obxecto afástase correndo o traballo non se terminou. Ás veces o ollo e a caza poden desencadearse como unha secuencia que se repite de maneira constante.
- Pastorear: O pastoreo é unha necesidade vital e parte natural do traballo do border, e cando o can activa o seu instinto ao redor dos teus amigos ou compañeiros (agrupalos realizando círculos ao redor) pode causar sorpresa no dono inexperto.
- Gripping: É o termo que se utiliza cando un border pinza a parte traseira do animal para controlalo ou facer que se mova. Debido a esta función instintiva, os borders teñen a reputación de ser «pinzadores por natureza«. Isto non é necesariamente certo, todos estes instintos poden variar en incidencia e forza dun border a outro. Pero é algo que debemos ter en conta, porque debemos controlalo desde a súa pronta aparición.
- Dominancia ou comportamentos agresivos: É difícil imaxinarse como un border collie, de natureza basicamente tímida pode ser un crack como can de traballo. Esta raza foi deseñada para ser capaz de intimidar animais máis grandes que eles para facer o que eles queren, simplemente a través da súa determinación e forza de carácter. Como resultado os borders poden ser algo dominantes ou ter personalidades manipuladoras.
- Patróns de comportamento maniacos, obsesivos e compulsivos: como cans que perseguen sombras durante horas ou hipnotizados por calquera obxecto que o can crea que pode controlar coa mirada.
- Destrución e ladrido: ambas son maneiras en que os cans cunha elevada necesidade de estimulación mental e exercicio descargan a súa frustración e aburrimento.
- Ansiedade por separación: Os collies teñen unha necesidade importante de ser parte dun equipo de traballo, e poden reaccionar mal a longos períodos de soidade.

-Web de Patas
pdt
RSCE
ver S.O.S Border Collies
a
ARION
*** F G A
LIGA IBÉRICA